sábado, 3 de mayo de 2014

A Xunta e a Asociación de Traídas de Augas asinan un convenio para facilitar a xestión de máis de 150 comunidades de usuarios a través dunha plataforma web

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia o proxecto mediante unha achega de 5.000 euros

A Xunta e a Asociación de Traídas de Augas asinan un convenio para facilitar a xestión de máis de 150 comunidades de usuarios a través dunha plataforma web

As principais funcións do sistema son establecer o control das referencias de subministro; ver os consumos de cada usuario; ou facilitar a lectura dos contadores dos membros das comunidades a través dun dispositivo portátil
Esta aplicación contará con novas funcionalidades a desenvolver nunha segunda fase, como a xestión de obras así como alertas e controis automáticos sobre os excesos de consumo
COXAPO é unha asociación sen ánimo de lucro que integra a 73.142 socios de 157 comunidades de usuarios de augas de 19 concellos da provincia de Pontevedra
As comunidades de usuarios sitúanse, maioritariamente, nos seguintes municipios: As Neves, Cangas do Morrazo, Gondomar, Moaña, Mondariz, Mos, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo e Vilaboa


Santiago, 2 de maio de 2014.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Asociación das Traídas de Augas (COXAPO), Rafael Carrera Díaz, asinaron hoxe un convenio para o desenvolvemento da aplicación web CoxapoGest, un software para informatizar as traídas dependentes das comunidades de usuarios, asegurando a adecuada xestión do aproveitamento deste recurso.
O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financia o citado proxecto mediante a achega económica dun total de 5.000 euros.
As principais funcionalidades da aplicación son establecer un control das referencias de subministro de usuarios e socios; visualizar e controlar os gastos e consumos de cada usuario; controlar os bens das comunidades; e facilitar a lectura dos contadores dos membros das comunidades a través dun dispositivo portátil.
Esta aplicación conta con novas funcionalidades a desenvolver na segunda fase, como a xestión de obras, con datos e imaxes; así como alertas e controis automáticos sobre os excesos de consumo.
COXAPO 
COXAPO é unha asociación sen ánimo de lucro que integra a 73.142 socios de 157 comunidades de usuarios de augas de 19 concellos da provincia de Pontevedra (aínda que pretende un cambio de estatutos para abrirse a toda Galicia). Os seus fins principais son a explotación dos mananciais captados, o abastecemento das augas para uso doméstico das vivendas ou parcelas e o coidado do medio ambiente.

As comunidades de usuarios sitúanse, maioritariamente, nos seguintes municipios: As Neves, Cangas do Morrazo, Gondomar, Moaña, Mondariz, Mos, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo e Vilaboa.
As comunidades de usuarios teñen o carácter de corporacións de dereito público; a súa función é a xestión e ordenación interna da auga, con dereitos inscritos ao seu favor e demais bens que integran o dominio público hidráulico baixo a supervisión do organismo de conca ao que estean adscritas. Así, Augas de Galicia debe velar polo cumprimento dos seus estatutos e o bo orden do aproveitamento, tendo funcións de tutela respecto delas. 


No hay comentarios: