jueves, 17 de abril de 2014

Os Rescatadores de Auga Doce

Fonte: https://www.cidadedacultura.org



A auga do planeta está en perigo e só un grupo de elixidos superheroes serán quen de salvala. Queres ser un deles? Achégate ao Gaiás, acaba cos males que ameazan ao medio e consegue os amuletos que farán de ti un auténtico Rescatador de Auga Doce.
Coa axuda dos teus pais, demostra ao longo da exposición o teu valor e a túa preocupación polo futuro da auga. Primeiro combate xunto aos esquimós o desxeo dos polos e constrúe a súa casa en forma de iglú. E despois enfróntate á contaminación dos ríos e axuda aos peixes a sobrevivir. A cambio recibirás os amuletos protectores que te converterán nun Rescatador de Auga Doce.
Cada sábado achégate ao Museo Centro Gaiás, sé un superheroe e vive unha auténtica aventura.

No hay comentarios: