viernes, 14 de febrero de 2014

Formación COXAPOGEST



Coxapogest xa é un feito. A andaina que comezou como a necesidade de ter un software, que non existía no mercado, para as traídas de augas xa é unha realidade.
Neste camiño xurdían ideas que máis que ideas parecían utopias é hoxe están nas nosas mans.
Un proxecto que nace con moita ilusión, sen cartos.....nembargantes xa  o podemos disfrutar. 



Sería moi longo a listaxe de agradecementos pero unha vez máis a unión fixo posible o comezo da andaina... e digo ben comezo porque Coxapogest non está feito e pechado, Coxapogest vive e con cada unha das nosas ideas crece un pouco máis e a meta está marcada polas nosas necesidades, polas nosas aportacións.
O pasado sábado 08 de xaneiro, na Casa Social de Estás levouse a cabo un curso de Formación.




Acudiron aquelas traídas que comezan nesta fase inicial do proxecto.
Cesar o informático responsable de CBA soluciones multimedia foi o encargado de explicar a estructura do programa así coma os primeiros pasos.
Lembramos que todo o que queira coñecer o programa pode facelo a través da web de Coxapo: www.coxapo.com




Na vindeira Asemblea farase a presentación do Software. Informarase como acceder, que utilidades estarán dispoñibles para os comuneiros, cales para a Xunta Directiva e Xurado, como obter o usuario e contrasinal,...






Lectura de contadores
Impresora etiquetas lectura contadores










Lector contadores


No hay comentarios: