domingo, 2 de febrero de 2014

Executiva Coxapo en As Neves



O pasado 26 de xaneiro, na Casa de auga de Vide, convocouse a reunión executiva de Coxapo.
Rotar as reunión das executivas de COXAPO polos diferentes concellos  ten como finalidade  achegar as traídas e veciños a xestión da Asociación e poder recoller as ideas, suxestions, dúbidas  de cada zona.
Nesta ocasión contouse coa presencia de D Emilio Castro alcalde de As Neves, D. Eduardo Mariño concelleiro así como representantes da Comunidade de Montes de Tortoreos. Agradecer a todos eles a sua presenza e participación que permitiu enriquecer este encontro.
Comenzouse a reunión coa nova  planificación 2015-2021 da Confederacion Miño-Sil a cuia consulta pública pódese acceder a través do seguinte enlace:







Unha vez mais insistiuse na importancia dos representantes de Zona,  da sua labor como correas transmisoras de información nos dous sentidos: dende Coxapo cara a traídas e veciños e viceversa, levando a mesa de Coxapo as inquedanzas e ideas das traídas.

O presidente informou das diferentes reunións celebradas xa que é importante lembrar que as traídas temos presenza no Consello Nacional da Auga, no Consello reitor de Augas de Galicia,… as traídas xa somos un interlocutor recoñecido polas administracións.
Coxapogest o programa de xestions de traídas creado por COXAPO  e o a que adicaremos un post especial xa é unha realidade. 



Tras o longo camino de creación chega o momento de incorporalo na xestión das traídas.
Este software permitirá unha labor de continuidade entre xuntas directivas e unha absoluta transparencia cara aos comuneiros. Cada un poderá acceder aos seus datos, recibos, lecturas e a documentación da traída. Un paso de xigante para afianzar a presenza das traídas no século XXI.







Presentáronse a máquina de detección de fugas e un analizador fotométrico que permite controlar o cloro e que non precisa dun punto de electricidade.

Que traída non sufriu nalgunha ocasión a dificultade de localizar a orixe dunha fuga de auga?. Hoxe isto xa non será un problema para as traídas asociadas a COXAPO pois esta máquina funcionará para todas elas.






Coma sempre, para os socios de COXAPO estará accesible nos vindeiros días a presentación desta Executiva na páxina web, na zona privada.



Temos que agradecer ademáis da presenza de todos os que nos acompañaron,  de maneira moi especial a colaboura da  Asociación Cultural Vidense. O marco incomparable da Casa da Auga de Vide engrandeceuse co traballo da asociación que fixo deste un evento inesquecible. Gracias a todos vos.





Casa da Auga de Vide

Casa da Auga de Vide



Máquina detección fugas


Máquina detección de fugas


Detalle máquina detección de fugas
Analizador fotométrico



Exposición de material



No hay comentarios: