domingo, 19 de enero de 2014

Invitación a veciños e traídas

Este vindeiro Domingo 26 de xaneiro, as 09:45h na Casa da Auga de Vide convocase a Executiva de COXAPO.

Lembro que COXAPO é unha xuntanza das traidas de auga para compartir ideas, buscar solucións aos nosos problemas... en resumo deixar de camiñar en solitario para facelo en grupo.

Inicialmente as reunións de Coxapo celebrabanse no Concello de Tomiño. Dende hai un tempo decidiuse achegar as reunións da Xunta Executiva a cada Concello para que os veciños, as traídas, poidesen coñecer de cerca o noso funcionamento.

Nesta ocasion e o noso concello o que recibe esta xuntanza e queremos invitar a tódolos veciños e traídas do Concello para que se acheguen para non so coñecer o funcionamento de COXAPO senon para facernos llegar as suas ideas, inquedanzas....


Ante calqueria dúbida tendes a vosa disposición o correo da Comunidade de Tortoreos-Liñares así coma os seus teléfonos


Agradecer a Cultural de Vide e en particular a Jorge e Estefania a sua colaboura para facer posible esta Xuntanza.

Esperamosvos !!!!




Casa da auga de VIde



A casa da auga de Vide é unha antiga casa reitoral, rehabilitada no ano 2000 e que se encontra xunto á Igrexa parroquial de Santa María de Vide.
A casa reconcertida en museo mostra unha exposición permanente sobre a Comunidade de Regantes Vidense e tamén sobre as pesqueiras e a súa lamprea.


A Comunidade de Regantes videntes ten máis de cen anos de antigüidade e foi única en Galicia, ao ser inscrita na “Federación Nacional de Regantes de España”.
Outra das referencias é un curioso e histórico reloxo de sol, de gran tamaño dividido en catro partes, formando ángulos rectos, que ata fai ben pouco servía como indicador das horas de rega. Está situado no muro do adro da igrexa, enriba dun fuste duns 3 metros de altura.
O reloxo é do século XIII, da época da primeira construción da igrexa de orixe románica, da cal hoxe en día só queda o arco do altar maior; foi reformada en 1782. No seu interior, a bóveda vai decorada cuns magníficos frescos, alusión difícil de encontrar noutros templos da zona.




Ao lado mesmo da igrexa temos a antiga reitoral, hoxe convertida en museo da auga e próximo sitúase o Calvario e un peto de Ánimas.
Na parte alta da parroquia descubríronse gravados rupestres no lugar denominado  “Couto do Galo”. Pero quizais o máis destacable da súa historia sexa a súa peculiar canle que, con orixe no extremo norte da de San Xosé, percorre 6 Km. Para regar todos os seus campos e, segundo a tradición, remóntase á época romana.
Por esta parroquia pasa o camiño dous Frades, ruta que sae da capela de San Manuel, en Medáns (Setados), e vai cara ao santuario e A Franqueira (A Cañiza). Era un antigo camiño que seguía a raíña Isabel de Portugal, no século XII, e que viña das ciudade portuguesas de Braga e Porto.




No hay comentarios: