jueves, 12 de abril de 2012

A VITUREIRA


Unha das asignaturas pendentes desta Xunta Directiva era acometer a limpeza e renovacion dos manaciais da Vitureira.
Por fin chegou o día.
A seca tan importante que estamos a sufrir e que fai que levemos TODO O ANO NECESITANDO BOMBEO DO CONCELLO empurrounos a acelerar este proceso,
È imprescindible conseguir auga.
A visita co técnico de Covelo foi moi satisfactoria. As arquetas presentan un aspecto menos deteriorado do que esperabamos e polo menos contamos con recuperar unha das zonas a semana que ven.
Lembramos a todos aqueles que saibades ou teñades na casa maiores que sepan de mananciais nos nosos montes que podamos aproveitar que nolo comunicades para solicitar a Hidrografica eses caudais e poder servir auga para todos.
Debaixo hai unha arqueta
Lembrar que, agora que controlamos case a diario a auga que se consume na traida a través dos contadores do depósito principal,hai que baixar o ritmo de consumo. Hai días que na traida se consumen máis de 600 m3 de auga. Estase controlando calqueira fuga por pequena que sexa.
Por  outra e cumprindo co compromiso adquirido na asemblea xeral comezan os controis por barrios e casas para poder deixar claro que é o que sucede co desfase tan importante entre auga enviada e auga contabilizada nos contadores.
Por último a redacción dos novos Estatutos da traída, ferramenta fundamental para o bo funcionamento da mesma e a renovación da concesión está en marcha.

Seguro que entristece ver as imaxes destas arquetas pero esperamos en moi poucos días dar a volta a situación coma se fixo con "coellos" e ver correr novamente a auga limpa e sen raices.
O importante e que as imaxes mostran a existencia de auga e a imperiosa necesidade de facer unha inversión na sua posta en funcionamento que ben seguro amortizarase rápidamente tengo en conta o nivel de consumo de auga do concello que temos na traída.

Arqueta atascada

Raices en arqueta

Arqueta atascada

Ula arqueta?

Ula arqueta?
Arqueta na Vitureira

Arqueta na Vitureira

A Vitureira

Vitureira

Vitureira



No hay comentarios: