jueves, 12 de abril de 2012

Recibos pagados sen titular


 Coma xa vimos informando nos últimos tempos o número de recibos pagados onde non figura o titular ou o concepto do que se paga aumenta.
Pregamos unha vez mais que cando se paga en ventanila nos aseguremos que figura o nome do titular da acometida (non o do familiar que fai o pago,a esposa, o fillo ,....) e o concepto do recibo que paga (Por exemplo Recibo 2º semestre 2010).


O número era tan alto que ademais de chamadas telefónicas, e visitas polas casas enviáronse cartas para solicitar a axuda de aqueles comuneiros cuio pago non consta.
Por outra banda remitiuselle unha carta a Novagalicia Banco por se pode evitarse no futuro esta situación.
Pregamos a comprensión de tódolos comuneiros.
A carta enviada e a seguinte:


As Neves, 01 de Abril 2012
                Estimado Comuneiro:
                               
        Como xa se informou na Asemblea Xeral celebrada o pasado 03 de marzal así como a través das vitrinas non é posible identificar o pago dalgúns recibos posto que non figura o titular.
Segundo a información depositada na Secretaría desta comunidade non consta  o pago do recibo correspondente a derrama aprobada en Asemblea Xeral Extraordinaria do 25/06/2011.
Pregamolle comprobe se vostede realizou este pago.
Se o fixo pregamoslle fotocopie o xustificante de pago que lle entregaron na entidade bancaria e o deposite no buzón da Escola de Chan á atención de Arantxa.
Queremos pedirlle desculpas anticipadas por esta incidencia allea a Comunidade.
Se vostede non pagou este recibo pregamoslle faga o ingreso en calquera das Oficinas de Novagalicia banco ou unha transferencia dende calquera entidade bancaria.
Adxunto remito carta de pagamento corespondente ao recibo de dita derrama en periodo de recadación Executiva coa correspondente recarga por se vostede o precisase.
Pregamoslle para un mellor funcionamento da Comunidade domicilie o pago dos seus recibos cumprimentando debidamente o apartado inferior da referida carta de pagamento e depositandoa no buzón da Comunidade na Escola de Chan, remitindoa por correo postal ou entregandoa na oficina que Novagalicia Banco ten en As Neves.

No hay comentarios: