sábado, 10 de septiembre de 2011

V Feira Tradicional dos Remedios en Ponteareas

Comezan as Festas da Nosa Señora dos Remedios en Ponteareas. Hoxe celebrase a V Feira Tradicional dos Remedios. Para aqueles que nunca estiverades deixamosvos información do Concello(o programa das festas), da Voz de Galicia e un video do ano pasado de VIA TV. 
 Fonte: Concello de Ponteareas
 

Actividades das Festas da Nosa Señora dos Remedios

Ponteareas desenvolverá, esta fin de semana, un amplo programa de actividades co gallo das Festas de Setembro 2011, que comezaban o pasado xoves día 8, coa celebración da Festividade da Nosa Señora dos Remedios, e rematarán o 29 de setembro, coas festas patronais de San Miguel.

O programa previsto para a fin de semana comeza xa as 10:30 horas de mañá sábado, coa apertura da V Feira Tradicional dos Remedios que durante toda a xornada, se desenvolverá nas rúas Esperanza e Oriente. A Feira, recuperada pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas e que se celebra no sábado máis próximo a festividade de Nosa Señora dos Remedios, revive o ambiente das feiras que se celebraban en Ponteareas a comezos do século XX e, polo tanto, non ten nada que ver coas denominadas feiras medievais que se organizan noutros lugares de Galicia.
Durante todo sábado, veciños e visitantes poderán mercar nos máis de 22 postos de artesanía que teñen confirmada a súa presenza, amais de poder ver demostracións en directo de como os artesáns desenvolven o seu traballo. Esta feira tradicional contará, este ano cun camión e un autobús de aproximadamente 1920, que eran os encargados, por aquel entón, de trasladar persoas e mercadorías, ata a Feira de Ponteareas.
Amais desta importante cita, ás 18:00 horas na Praza Maior, desenvolverase unha xornada de Xogos Tradicionais onde os máis cativos poderán coñecer xogos, para eles descoñecidos, e os maiores poderán lembrar os xogos da súa infancia.
Ás 20:30 horas no Auditorio Reveriano Soutullo os amantes da música coral terán unha máis que atractiva cita cun Concerto de Música Coral, organizado polo Obradoiro Vocal A Vila de Ponteareas no que participarán, amais da coral anfitriona, as agrupacións corais Concerto Tempo do Ferrol e 3x4 de Cangas.
Ás 22:00 horas a carón do Campo de Fútbol da Freixa os amantes da música electrónica poderán gozar coa segunda xornada do IV Festival de Música Electrónica Aquatea.
Tamén ás 22:00 horas nas prazas Maior e Bugallal, verbena coa participación das orquestras Limón e Canela.
O deporte tamén ocupa un importante lugar no programa festivo desta fin de semana xa que, nas pistas de tenis da Freixa e O Reiro, continúa a disputarse o III Torneo de Tenis Concello de Ponteareas nas categorías senior (masculino e feminino), cadete e infantil.
Finalmente, para os amantes da Pintura, o programa destas Festas de Setembro 2011, bríndalles a oportunidade de visitar a exposición de Jurandir Leal Lage Xura que co título Mis Tierras está aberta no Centro Social en horario de 10:00 horas a 22:00 horas

Programa das Festas:







Fonte: Voz de Galicia
La quinta Feria tradicional dos Remedios contará con 22 puestos
La quinta edición de la Festa tradicional dos Remedios, que se celebrará este fin de semana en Ponteareas, contará con la participación de 22 puestos de artesanía. El concejal de Cultura, Andrés Sampedro, acompañado por la diputada provincial Marta Iglesias y por el representante del Patronato Turismo Rías Baixas, Ernesto Santiago, presentó la cita en las instalaciones de la Diputación en Vigo.
La feria trata de rememorar la vida en la villa a comienzos del siglo XX y cuenta con demostraciones de oficios y otros talleres. «Non é, en ningún caso, unha feira medieval das que abondan na nosa xeografía, senón unha feira de comezos do pasado século e, como tal, vai recollendo e engadindo cada ano, elementos propios desa cita anual que tiñan os veciños e veciñas da Ponteareas de entón», recordó el edil Andrés Sampedro.

Fonte: VIA TV
Video da Festa do ano 2010.(Se o dar o play non comeza o video fai clic riba da imaxe e comezará)

No hay comentarios: