miércoles, 7 de septiembre de 2011

Ruta: San Nomedio


O certo é que as paraxes que rodean o noso concello ben merecen a pena.
Este fin de semana adicamonos a San Nomedio e fixemos a subida, iso si en coche, e atopamos algúns cambios e sorpresas polo camiño.


Subimos dende As Neves, despois de facer unha visitiña os Depósitos de Auga, xa sabedes Campo de Futbol arriba.


A primeira sorpresa que nos esperaba , xa que hai moito tempo que non pasabamos foi o bebedeiro dos cabalos, a mina que está frente dela e o que supoño son os coellos da Sociedade de caza.













 A nosa sorpresa coa trampa para as avespas foi maiúscula pois nunca miraramos tal cousa. O chegar a casa e buscar pola rede si atopei a moitos que comentaban o infalible do sistema:









Seguimos o noso recorrido para toparnos un pouco máis arriba, xa no cruce a Sta Marta cunha trampa doutras caracteristicas o noso "ben querido" nematodo:



Facendo xa a subida a San Nomedio non poiden por menos que sentir envexa san... calquera de nós con iste depósito ¿non?:







En fin... vaiamos con SanNomedio. Segundo a Wikipedia:


"O monte de San Nomedio localízase entre as parroquias de San Xosé de Ribarteme e Taboexa, con cumio nesta última, no concello das Neves, na comarca pontevedresa do Condado. Pertence ao sistema montañoso dos montes da Paradanta. Acada unha altitude de 690 metros e elévase entre os vales dos ríos Termes ao sur, o Xuliana ao oeste e o Uma ao norte.
No seu cumio existe unha sinxela ermida dunha soa nave dedicada a San Mamede, festividade que cada 7 de agosto dá lugar á celebración dunha romaría.
Existen varias lendas que teñen a este monte das Neves como protagonista. A primeira é a lenda dos Sete Irmáns que, por outra parte, non é exclusiva del, xa que se pode atopar noutros puntos da xeografía galega como a comarca da Limia. Fala da existencia de sete irmáns santos (Felipe, Fins, Marcos, Xián, Tomé, Tegra e propio Mamede) que teñen cada un deles a advocación dun determinado monte da zona. A existencia de dúas pedras con certa aparencia de cadeira, unha no monte de San Nomedio e outra no próximo monte de San Fins é interpretada pola lenda como os lugares onde se acomodan os dous irmáns para falaren entre eles.
A outra ten que ver cun Boi de Ouro que os mouros levaron ao monte para louvalo e que, seguindo a lenda, deixaron soterrado alí. O animal máxico cobrou vida e permanece debaixo dunha laxe (coñecida na zona co nome de Laxe Negra) á cal chega de xeito subterráneo un brazo de mar. Ninguén pode mover a laxe para intentar ver ou coller o Boi de Ouro; se o fixer, o mar asulagará todas as aldeas de arredor."


Segundo Galicia Única e o poeta de MederAntón Alonso:

"Mi amigo Antón Alonso Fontán, poeta de Meder, me explicó a pié de monte, en el San Nomedio, algunos pormenores de la Batalla do Medulio, uno de los grandes mitos de la Gallaecia.
El Medulio no es otro para Antón que el monte San Nomedio, en cuya cumbre hay pruebas no excavadas de la presencia celta, además de una capilla medieval dedicada al “santo del medio”, desde la que se contempla toda la comarca del Condado, por donde discurre el Miño.
En el Monte Medulio lucharon galaicos y celtas contra romanos, en la mayor de todas las batallas. La historia dice que fue la más brutal de la Romanización. Según el historiador Lucio Anneo Floro, “los mercenarios romanos sitiaron el monte, pero sufrieron miles de bajas. Una vez alcanzada la cumbre, solo se encontraron cadáveres, porque los sitiados se arrojaban a las hogueras o se clavaban la espada hasta morir, mientras las mujeres y niños tomaban un veneno extraído de los tejos”.

A verdade e que a tarde era de película pois a temperatura era ideal e a luz impresionante. O chan estaba cheo de "Quitameriendas"
Hai quen di que o nome procede de épocas nas que non existía a electricidade ,cando a chegada destas flores anunciaba días máis curtos e con eles a eliminación dunha das comidas diarias: "a merenda".

En calquera caso, a "quitameriendas" é unha pequena planta endémica da península Ibérica, que nace nos chans areosos, e no outono, tras unha bela floración a nivel de chan, provese dunhas follas que mantén verdes ata a primavera, desaparecendo no verán.


Esta planta ten alcaloides (os cales producen unha acción fisiolóxica intensa nos animais, ata en doses baixas, con efectos negativos sobre o sistema nervioso) polo que mantén afastados aos herbívoros.


Ata Miguel de Unamuno adicoulle unha poesía 
Ay aquel quitameriendas 
de los campos de Castilla
pura flor, sin tallo ni hojas
nunca al ojal sometida.
Endeble cáliz que rompe
la más apretada arcilla
sólo porque de continuo
empuja…fuerza infinita![...]
















Temos quen aproveita as características do San Nomedio para facelo seu descenso en bici obtendo unhas imaxes realmente impresionantes como podedes ver no blog de José Dominguez:
Jose Dominguez Photography

E xa para rematalo camiño pasamos polo campo de futbol. Certamente había moito tempo que non visitaramos a piscinas e as pistas e para a nosa sorpresa topamos alguns cambios, novos columpios e nova pista. Agradecese.














 

No hay comentarios: