domingo, 19 de junio de 2011

FESTA DA AUGA ESTÁS E ASEMBLEA COXAPO

Despois de chegar de Tomiño unhas liñas para informarvos que xa está formada a Xunta de Goberno de Coxapo.
Con mais detimento colgaremos un pequeno resumen da Asemblea pero en liñas xerais dicir que foi unha vez máis un exito de asistencia.
De xeito provisional o representante na Coxapo das Neves é un membro da nosa comunidade.
As conversas coa COnfederación Hidrográfica do Miño-Sil comenzaron a sua andaina. Lembrar a todas as traidas en proceso de renovación ou aquelas que estean fora de prazo que calqueira dúbida, calqueira axuda que sexa necesaria trataremos de encauzala para facer máis doado este traballo.
As duas charlas sobre cloración de auga e lexislación foron realmente interesantes.
Unha vez máis lembramos a importancia de ter auga limpa. Casos recentes coma os de Alemania fainos pensar que a auga non é un xoguete.

Os sistemas de cloración teñen un coste realmente baixo para tódolos problemas que poden previr, unha auga sinxelamente turbia pode rematar nun grave problema como alí se amosou.
Respecto o tema lexislativo falouse da renovación de estatutos, dos procesos de corte de auga e do cobro de morosos por via de prema.
Para rematar visitamola traida de Estás. Mañá esperamos colgar un video e algunhas fotos para que poidades ver vos mesmos o que alí fixeron os veciños.
Dende logo mereceu e moito a pena pasar esta tarde de sábado en Goian e Estás.



No hay comentarios: