miércoles, 25 de mayo de 2011

Miss Ledya

 Adicamos estes últimos post do blog o Cineasta de As Neves Jose Gil.
Na páxina do CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) tedes acceso ás películas recuperadas de D. Jose Luis así como outras do cine Galego.
Por poñer algún exemplo doutros longametraxes, curtametraxes,....que podedes atopar na páxina do CGAI:


Lena
( Gonzalo Tapia, 2001 )
Nena
( Xabier Bermúdez, 1997 )
Sempre Xonxa
( Chano Piñeiro, 1989 )

Centrándonos en D. Jose Gil podedes ver na páxina do CGAI como cine recuperado:

Miss Ledya
( José Gil, 1916 ) 

 
Tipo de produción  Curtametraxe
Duración  20 min.
Guión  Rafael López de Aro
Fotografía  José Gil
Intérpretes  Fefa Sandoval, Marina Fonseca, Petra Gaztambide, Lola Quiñones, Margarita Berbén, Clara Sobrino, Fausto Otero, Alfonso R. Castealo, Victor G. Mecadillo, Isidoro Millán, Félix Rojas, Manuel Esparrago, Antonio Blanco Porto
Sinopse  Miss Ledya, fermosa e excéntrica señorita norteamericana, chega a Pontevedra acompañada do seu pai, un rico financeiro ianqui. Miss Ledya alóxase no hotel da Illa da Toxa, onde están de incógnito os reis de Suavia, ameazados polos anarquistas.

Para aqueles que teñades problemas coa visualización na páxina do CGAI deixovos o video en Youtube. Disfrutadeo.

PARTE 1


PARTE 2


PARTE 3


Talleres Alonarti. Sociedad La Artística
( José Gil, 1928 ) 
 
Tipo de produción  Curtametraxe
Duración  26 min.
Produción   Galicia Cinegráfica 
Guión  José Gil
Fotografía  José Gil
Sinopse  Talleres Alonarti, é un dos primeiros documentos de traballo das mulleres na industria conserveira. Está centrada na fabricación de envasas de lata para a industria conserveir. A través de rótulos interccalados, se vai seguindo todo o curioso proceso fabril dunha empresa con ducias de empregados que Gil reune para a secuencia final abandonando a factoría, á maneira de “Salida de los ofreceros de la fábrica” de los hermanos Lumière

PARTE 1


PARTE 2


PARTE 3


PARTE 4


 Galicia y Buenos Aires
( José Gil, 1931 ) 

 
Tipo de produción  Curtametraxe
Duración  28 min.
Produción   Galicia Cinegráfica (Vigo) para la Sociedad Hijos de Fornelos y Anexos (Buenos Aires) 
Fotografía  José Gil
Sinopse  As faenas do campo, da agricultura e gandeiría, lévanos á dinámica feira de Ponteareas. Rostros ilusionados no acto da inauguración do local sindical ó que os nenos das escolas, con foguetes, bandeiras tricolores, namentres a orquestra de Ponteareas interpreta o himno de Riego e a Marsellesa. Agustín Rivas, avogado vigués e presidente de Juventud Republicana, Herberto Blanco, secretario do Ateneo de Vigo, e o gran líder agrarista Amando Garra, arengan ós labregos a prol da nacente República. Logo, en contraposición, a Misa e a visita ó cemiterio. Pola tarde, unha gran romaría popular..

PARTE 1
PARTE 2
PARTE 3

No hay comentarios: