martes, 5 de octubre de 2010

MAPA DA TRAÍDA




Unha das aspiracións desta Xunta Directiva foi e é facer un mapa da traída.
Non existe documentación escrita da rede actual.
Neste senso estanse a facer varios traballos:

  • Coa axuda do software gratuito Google Earth estanse a situar tódolos contadores engadindo unha foto do lugar (vivenda ou finca) de cada acometida, así como os datos asociados a mesma (titularidade, enderezo, ...).
          Deste xeito, unha vez rematado xa que é un traballo moi grande, poderase facer un recorrido    virtual por tódolos contadores sempre co apoio de Google Earth.

Para ver as imaxes ampliadas faga clic sobre elas







  • Gracias a inestimable colaboura do Responsable da Area de Sanidade e medio Ambiente do Concello de As Neves, D. Jose Belarmino Méndez Álvarez, e por ende do Concello de As Neves, estase a elaborar o mapa da rede.

  • Priorización das obras da traida sabedores dos puntos negros existentes, sirvan como exemplo Lugar Calvario-Antóns, LCoto ou L Vilanova .. puntos onde ou ben se producen a miudo roturas ou ben teñen graves problemas de abastecemento polo pequeno diámetro das tubaxes.

No hay comentarios: