jueves, 9 de agosto de 2012

COMO FACER SOLICITUDE TELEMÁTICA ENTIDADE SUBMINISTRADORA

A web para apresentación telemática é: Presentación telemática
Ata hai uns días non era posible facer de xeito telemático a Solicitude como entidade subministradora dunha Comunidade de Usuarios.
Moitos preguntanranse para que solicitar ser entidade subministradora se en realidade "non hai que pagar Canon".
Esta e outra decisión da que xa falamos noutras entradas.
 Partimos nesta informacion da base que a 

  • Comunidade decidiu ser entidade subministradora 
  • Fará o pagamento do Canon mediante o sistema ESTIMACIÓN OBXECTIVA, e dicir sen rexistrar as lecturas mensuais dos contadores e supoñendo un consumo por persoa e dia de 151 litros, o número de persoas por acometida tres, e polo tanto un importe anual de canon de 4.68€/ano e acometida.

A informacion na web para esta presentación telemática é resumida no seguinte pdf:

E preciso ter un certificado da fábrica nacional de Moneda y Timbre para poder acceder. Entendemos que a Comunidade xa o ten pois é necesario para solicitar o usuario no Sinac e así ter o día todo o tema de analíticas da auga.

A documentación necesaria e a seguinte:

  • Estatutos da comunidade (no caso de seren aprobados por unha confederación hidrográfica)
  • Poder ou acta da xunta en que se confira a representación (no caso de ser persoa distinta á que figura nos estatutos)
  • Acta da xunta xeral en que se aprobou solicitar actuar como entidade subministradora
Queda claro polo tanto que é preciso aprobar en Asemblea Xeral que a Comunidade sexa entidade subministradora e deixar constancia clara na acta da mesma.

O modelo a complimentar para facela solicitude e que debe acompañarse da anterior documentación é o seguinte:



Ao conectarnos coa nosa tarxeta criptográfico co certificado Ceres e acceder a web abrirase un formulario identico para cumprimentar online.
Unha vez teñamos presentada a da Comunidade presentaremos paso a paso as imaxes.



Publicar un comentario