viernes, 2 de septiembre de 2011

Novos contadores

Unha das prioridades da Xunta Directiva era cambiar o contador do Depósito Principal que medía a chegada da auga que bombea o Concello así como colocar contadores en cada unha das catro saidas de auga as zonas de abastecemento.
Comenzou xa esta obra feita por Covelo Riegos. 
O primeiro dos contadores, avariado, foi retirado e os técnicos comprobaran se é recuperable. 
O contador que a Xunta colocou e cuxa función e medir a cantidade de auga que pasa para lanzar o cloro a auga do depósito tamen foi retirado para comprobalo seu funcionamento.
No lugar destes dous contadores colocaronse dous novos.
A obra continuará posto que a deficiente situación das tubaxes impide que poda facerse unha limpeza do Deposito sen que reventen as vellas rodas que o controlan.
Asemade outras roscas de ferro están desfeitas e resulta imprescindible cambialas para evitar que a sua inminente rotura provoque o vaciado do Depósito.

Contador impulsos

(As imaxes son de contadores similares. En canto as teñamos poremos fotos dos reales)

No hay comentarios: